A Audiencia Nacional de Madrid confirmou en auto firme, que quere dicir que non é recurrible, que enlazar a redes P2P non é delito.
As redes P2P son unha rede de computadores na que todos ou algúns aspectos funcionan sen clientes nin servidores fixos, senón unha serie de nodos que se comportan como iguais entre si, actuando simultaneamente como clientes e servidores. Estas redes aprovéitanse dos demais usuarios por medio da conectividade entre os mesmos, obtendo máis rendementos nas conexións. Adóitanse usar para compartir ficheiros de calquera tipo. A súa idea é que todos os usuarios deben compartir e que o usuario que máis comparta debe ter máis privilexios.
O auto explica que enlazar estas redes non é unha actividade criminal.
Eu estou totalmente de acordo ca sentenza, xa que unha páxina que só une con outras e na que non se pode descargar nada, e o máis normal e que non se lucre, non esta a facer ningún delito. Ademáis esa páxina so da os links, pero non reproduce as páxinas cas que enlaza.
Sen embargo, en países coma Irlanda, os usuario que usan redes P2P son desconectados.
Agardo que vos resultara interesante esta información.
Información sacada de:
Wikipedia y
Diario El País